Uso de cookies
Este sitio usa cookies propias y de terceros para facilitar la navegación, obtener información estadísticas de uso de nuestros visitantes y ofrecer contenido multimedia integrado. Necesitamos su consentimiento para instalar nuestras cookies.
Si continuas navegando, se entiende que aceptas su uso.

Aceptar

Noticias

Como superar o medo a vender e a falar en público, por Manuel Vilas en Galicia Confidencial

Publicado: 16/04/2015 12:44
Eloy Gesto é director de Escuela Inventa, un centro especializado en formar profesionais na difícil arte de comercializar os seus produtos e presentarse ante un auditorio e organizadores dos eventos Openyourmind. Nesta entrevista abordamos algunhas das claves para conseguir novos clientes, a necesidade de formar aos mozos na comunicación e o clima económico actual. Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 16/04/2015

Como superar o medo a vender e a falar en público
Eloy Gesto é director de Escuela Inventa, un centro especializado en formar profesionais na difícil arte de comercializar os seus produtos e presentarse ante un auditorio e organizadores dos eventos Openyourmind. Nesta entrevista abordamos algunhas das claves para conseguir novos clientes, a necesidade de formar aos mozos na comunicación e o clima económico actual.

http://emprende.galiciaconfidencial.com/nova/23660-superar-medo-vender-falar-publico


Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 16/04/2015


      
Escuela Inventa comenzou a andar publicamente a finais do ano 2011. Neste tempo, notouse unha maior demanda de servizos de formación para empresarios e emprendedores?


Si, os empresarios, emprendedores e profesionais están a adquirir conciencia da importancia de estar preparados nunha contorna cambiante e de alta esixencia para poder ofrecer e facer chegar os seus servizos e produtos á sociedade. A competitividade e a oferta existente son elevadas, polo que é moi importante establecer relacións próximas e de confianza para conseguir os resultados esperados.
 
A que tipo de público están dirixidos os seus servizos?


A calquera profesional que realice intervencións públicas ou teña que relacionarse, sexan profesionais en xeral, empresarios, emprendedores ou directivos, incluso estudantes. Iso si, o perfil que confía en nós ten un punto en común: querer comunicar desde a sinxeleza e a proximidade, con mensaxes veraces e non artificiais. Na sociedade na que vivimos é determinante adquirir conciencia da importancia da comunicación, incluso as persoas que dirixen colectivos asociativos ou de carácter social necesitan comunicarse para poder conseguir apoio social ou institucional. Incluso os mozos necesitan potenciar esta habilidade para ter traballo.
 
Vostedes organizan a miúdo seminarios sobre como comunicar en público ...


Hoxe, recibimos moitas pautas e aparentes trucos para poder falar en público ante unha audiencia. Ás veces as solucións que se nos presentan afástannos de ser nós mesmos, fannos artificiais. Falar en público significa aproveitar as oportunidades para que persoas con inquietudes ou que buscan solucións, escoiten nosa visión ou propostas. A nosa experiencia dinos que unha persoa que desenvolve as súas habilidades para palar en público conta coa credibilidade das persoas que lle escoitan. Polo que o profesional gaña liderado e autoridade, aínda que é certo, que imos tratar de ser sinxelos, naturais, non querer impresionar e menos aleccionar, senón facer chegar unha mensaxe. Como dicía Leonardo Dá Vinci: "A sinxeleza é a máxima sofisticación" Ás persoas preocúpanlles os seus problemas, non os dos demais, e escoitan a aquelas persoas que son capaces de dirixirse a eles, queren percibir que se lles entende e que se quere dar unha solución ou resolver un problema real. A iso é ao que nos dedicamos, a axudar a comunicar para as persoas, non para ser meros repetidores de eslóganes ou mensaxes.

 


 
Por que está habilidade é importante para un emprendedor e que aspectos básicos cómpre coidar cando preséntase un proxecto?


Hai emprendedores con ideas innovadoras que dan solución a problemas desde unha nova visión da realidade, isto esixe saber transmitila. En definitiva, é importante comprender como funciona a comunicación.  Como dicía Confucio: "Aprender sen reflexionar, é malgastar o tempo"-
 
Escuelainventa tamén é especialista en "escola de vendas".  En que consiste esta formación?


O  máis importante é dar unha visión fresca da venda, afastarnos dos tópicos clásicos, por pór un exemplo, nas sesións de training pedimos que fagan un exercicio: Debuxar nun papel o primeiro que se lles vén á cabeza cando escoitan a palabra vendedor, no 90% das ocasións debuxan a unha persoa de traxe, con maletín e gravata cun sorriso falso. Tendo en conta que o perfil do participante nos seminarios é de empresarios, emprendedores e profesionais chega a seguinte pregunta: "Quen teñen no seu cartón de visita a palabra vendedor?" Ningún. Esa é a realidade. Utilizan termos como xerente, CEO, asesor, manager, consultor.
 
Que indica isto?


Rexeitamento ao termo. A realidade de que no inconsciente dos profesionais e as persoas en xeral se estigmatiza o exercicio de vender. Por pór un exemplo, máis do 70% das ofertas de emprego teñen un carácter comercial ou de comunicación coas persoas, os clientes, e con todo ás persoas non lles atrae.
 
Daquela para vender cómpre cambiar o chip ...


O primeiro é cambiar o enfoque, descubrir a comunicación como un proceso relacional e xerador de confianza. A partir dese momento, procedemos ao training, adestrar a nosa capacidade de comunicación entendendo o comportamento de interacción entre as persoas e tamén coñecéndonos a nós mesmos, para pór en valor as nosas capacidades e desterrar os medos.
 
Entón cal é a estratexia para vender mellor?


Eu escóitote, e a partir de aí vemos se te podo axudar. Para iso, debemos de ser capaces de desenvolver un clima conversacional. É parecido ao enfoque que mencionaba antes de falar en público, debemos de saber comunicar para buscar as solucións aos problemas das persoas.
 
Un dos principais desafíos dos emprendedores é crear unha carteira de clientes. Poden partir dunha boa idea, incluso atopar un subsector novo no que non hai competencia, pero o máis díficil é convertir esa oportunidade en ventas reais. Que pasos debe seguir un emprendedor para lograr os seus primeiros clientes?


É importante que calquera proxecto emprendedor ou dunha empresa a idea madure e evolucione, non sobre unha folla de papel senón na aplicación práctica do servizo ou o produto, sempre abertos á crítica e á mellora. Se a sociedade cambia, nós debemos de evolucionar con ela. Saír a visitar aos clientes, convencidos de que podemos achegar algo, transmitir, ilusionar e mostrar. A partir de aí poden pasar dúas cousas: que o produto ou servizo non sexa interesante ou que non o saibamos comunicar, polo que a principal recomendación é analizar como o estamos facendo.
 
Unha queixa frecuente entre os empresarios é que os mozos reciben boa formación nas facultades, pero que carecen de coñecementos necesarios para moverse no mundo empresarial. Deberían as universidades facer máis énfase na formacioń empresarial dos estudiantes, aínda que non curses carreiras relacionadas coa economía?


Si, sempre desde unha perspectiva práctica, máis colaboración universidade e empresa, máis práctica real. En todo caso, é necesario lanzar a mensaxe de que ninguén nace aprendido e que hai que rodarse. En determinadas culturas os mozos experimentan moi pronto o contacto co mundo empresarial, toda experiencia é útil para a aprendizaxe.
 
Vostedes organizaron os foros "Open your mind"  para empresarios e emprendedores nos dous últimos anos. Que valoracioń fan destes seminarios e haberá máis ediccións?


Si, haberá máis edicións. O www.openyourmindscq.es está nun momento de madurez para poder consolidarse como lugar de encontro de profesionais e persoas que queren un mundo empresarial máis humano e responsable. É un foro que pretende xerar unha visión fresca, recoñecendo o que temos por diante e o que podemos facer.
 
Moito estase a debater se efectivamente hai síntomas dunha recuperación económica. Dado que vostedes ofrecen servizos a emprendedores están en boa posición para avaliar se hai un cambio de tendencia. Cal é a súa opinión sobre ou actual clima económico?


Nós percibimos un cambio. É importante saber en que momento estamos para traballar desde a realidade, sexa a que sexa. Somos unha sociedade capaz.  Como dicía Víctor Hugo:
"O futuro ten moitos nomes: para os débiles é o inalcanzable, para os medorentos é o descoñecido, para os valentes é unha oportunidade". Se afrontamos o presente con valentía, teremos un futuro máis estable.

 

Pincha aquí, para ver la noticia original: